Severina Vučković
![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1972 ![]() Split ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Croacia República Federal Socialista de Iugoslavia ![]() |
Altura | 171 cm ![]() |
Peso | 55 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Período de actividade | 1989 ![]() |
Xénero artístico | Música pop, folk-pop, Turbofolk (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua croata ![]() |
Instrumento | Piano e voz ![]() |
Selo discográfico | Dallas Records Croatia (pt) ![]() Croatia Records (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
18 de maio de 2006 | Festival de Eurovisión 2006 ![]() |
Páxina web | severina.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Severina Vučković, nada o 21 de abril de 1972 en Split, Croacia, é unha actriz e estrela da música pop croata.[1] O seu nome artístico é simplemente Severina. O seu estilo ten influencias do cabaret. A carreira de Severina comezou en 1989, e é unha das artistas máis populares do seu país desde aquela. Gañou moitos festivais e os seus álbums alcanzaron altas vendas. Algunhas das súas cancións máis populares son "Kad si sam", "Dalmatinka", "Djevojka sa sela", "Ja samo pjevam", "Paloma Nera", "Virujen u te", "Ante", "Adio ljube", "Hrvatica", "Adam i Seva", "Moja štikla" e "Krivi spoj" . No ano 2005 Severina lanzou un álbum cos seus grandes éxitos.[2]
En 2004 o seu nome viuse envolto nun escándalo sexual ao divulgarse por Internet un vídeo no cal ela e un home casado tiñan relacións sexuais. Causou sorpresa en Croacia xa que era ata entón un símbolo da modestia relixiosa, promovendo a abstinencia e a moral nas súas aparicións públicas, co que foi acusada de hipocrisía. Porén, posteriormente relanzou a súa imaxe internacionalmente, gañou o festival de Dora 2006 coa canción "Moja Štikla" e representou a Croacia no Festival de Eurovisión de 2006, quedando no posto 12º.[3]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Severina | 1089 | Orfej RTZ |
Dalmatinka | 1993 | Croatia Records |
Trava zelena | 1995 | Croatia Records |
Moja stvar | 1996 | Croatia Records |
Djevojka sa sela | 1998 | Croatia Records |
Ja samo pjevam | 1999 | Croatia Records |
Pogled ispod obrva | 2001 | Croatia Records |
Severgreen | 2004 | Dallas Records |
Zdravo Marijo | 2008 | Dallas Records |
Dobrodošao u klub | 2012 | Dallas Records |
Halo | 2019 | Dallas Records |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Severina - Hrvatica (official video) (Severgreen 2004.)". Consultado o 2019-11-26.
- ↑ "Severina - Cocktail". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-26.
- ↑ "Eurovision 2006 Results: Voting & Points". Eurovisionworld. Consultado o 2019-11-26.